Consello Galego das Mulleres

O Consello Galego das Mulleres é un órgano colexiado e institucional de Galicia, de carácter consultivo, de participación e asesoramento en materia de igualdade.

Funcións

  • Elevar propostas e iniciativas aos poderes públicos galegos en relación cos fins que lle son propios, e instalos a que garantan o cumprimento do dereito á igualdade e á non discriminación por razón de sexo en todos os ámbitos, cando lle sexan solicitadas.
  • Elaborar informes referidos á situación e perspectivas de igualdade entre mulleres e homes en Galicia e ás medidas necesarias para avanzar nestas materias, por iniciativa propia ou cando lles sexan solicitados por calquera dos órganos da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Propoñer medidas de información e educación aos poderes públicos de Galicia que teñan como obxectivo implicar, orientar, concienciar e sensibilizar a sociedade sobre os valores da igualdade entre mulleres e homes, cando lle sexan solicitadas.
  • Fomentar a comunicación, relación e intercambio entre organizacións de mulleres e outras entidades que teñan como fin a participación social e representación das mulleres.
  • Cooperar con outras entidades ou órganos de participación e representación social da Comunidade Autónoma para promover a adopción de medidas dirixidas á igualdade de mulleres e homes no seu ámbito de acción.
  • Investigar, coñecer e divulgar a realidade das mulleres galegas, concretamente no ámbito da violencia de xénero, para colaborar de maneira máis efectiva na súa eliminación.
  • Propoñer, se é o caso, a adopción de medidas relacionadas coa igualdade de oportunidades entre mulleres e homes no ámbito do emprego e das relacións laborais.
  • A elaboración, por iniciativa propia ou por solicitude da Xunta de Galicia a través da consellería competente en materia de traballo e do órgano da Administración xeral da Comunidade Autónoma competente en materia de igualdade, de estudos, informes ou consultas no ámbito do emprego e das relacións laborais.
Icona de mulleres falando

ASOCIACIÓNS DE MULLERES QUE FORMAN PARTE DO ÓRGANO

Asociación Punto Delas-Secretaría das Mulleres
Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia (ACADAR)
Asociación Nacional de Mujeres de la Pesca
Asociación Labregas
Asociación para a Promoción e a Integración das Mulleres do Medio Rural (AGRA)
Asociación Provincial de Amas de Casa, Consumidores y Usuarios de Coruña
Asociación de Mulleres Rurais Os Hórreos
Asociación Mulleres en Igualdade Provincial de Lugo- BUMEI
Asociación de Mulleres Rurais A Xuntanza de Castro Rei
Asociación de Mulleres Ledicia
Asociación de Mulleres Rurais Anduriña do Reino
Rede Galega contra os Malos Tratos de Vigo
Asociación de Mulleres Terras de Camba
Asociación de Mulleres Rurais e Culturais de Santa Mariña
Asociación de Mulleres Rurais de Carballedo e Afíns

SESIÓNS PLENARIAS: DATAS E ACORDOS

O Consello Galego das Mulleres reúnese de xeito ordinario en unha sesión plenaria ao ano. Na seguinte listaxe pode consultarse a data e acordos acadados en cada sesión, así como documentación relevante en cada caso.

2025

GRUPOS DE TRABALLO

O Pleno poderá acordar a constitución, con carácter permanente ou temporal, de grupos de traballo con carácter sectorial ou por áreas de xestión específicas, co obxecto de dinamizar o seu funcionamento e dotalo de maior operatividade.