O Observatorio Galego da Violencia de Xénero é un órgano colexiado e institucional de Galicia encargado do estudo, da avaliación e do seguimento das políticas contra a violencia de xénero que se desenvolvan en Galicia.
Funcións
- Actuar como órgano de recollida, análise e difusión de información relativa á violencia de xénero.
- Formular recomendacións e propostas tendentes a mellorar os indicadores e sistemas de información utilizados polos servizos en materia de violencia contra a muller e a promover melloras na oferta dos diferentes recursos que incidan no ámbito da violencia de xénero na Comunidade Autónoma.
- Manter relacións de coordinación e colaboración cos distintos organismos internacionais, estatais, autonómicos e locais que teñan encomendadas funcións de natureza similar.
- Elaborar informes sobre a violencia de xénero en Galicia.
- Propoñer a realización de investigacións e estudos específicos para a prevención e erradicación da violencia de xénero.
- Analizar a adecuación das medidas integrais dirixidas ás vítimas de violencia de xénero, investigando as súas consecuencias e efectos.
- Propoñer medidas e accións dirixidas á prevención e erradicación da violencia de xénero e á mellora da situación das mulleres vítimas desa violencia.
- Propoñer medidas e accións dirixidas á prevención da violencia de xénero no ámbito educativo.
- Actuar como órgano de vixilancia, asesoramento e denuncia en materia de erradicación da discriminación por razón de sexo en publicidade.
COMPOSICIÓN
O Observatorio Galego da Violencia de Xénero ten a seguinte composición:
- Presidencia: a persoa titular da consellería da que dependa organicamente o órgano da Administración xeral da Comunidade Autónoma competente en materia de igualdade.
- Vicepresidencia: a persoa titular do órgano da Administración xeral da Comunidade Autónoma competente en materia de igualdade.
- Vogais:
- Unha persoa en representación de cada un das seguintes consellerías e organismos, con nivel de secretario/a xeral técnico/a, director/a xeral ou equivalente:
- Consellería competente en materia de facenda.
- Consellería competente en materia de educación.
- Consellería competente en materia de sanidade.
- Consellería competente en materia de emprego.
- Consellería competente en materia de política social.
- Consellería competente en materia de vivenda.
- Instituto Galego de Estatística.
- A persoa titular do órgano da Administración xeral da Comunidade Autónoma competente en materia de emigración.
- A persoa titular das seguintes direccións xerais, ou órganos equivalentes:
- Dirección xeral competente en materia de xustiza.
- Dirección xeral competente en materia de interior.
- Dirección xeral competente en materia de Administración local.
- Dirección xeral competente en materia de función pública.
- Unha persoa en representación da unidade contra a violencia de xénero da Delegación do Goberno en Galicia.
- O/a presidente/a da Federación Galega de Municipios e Provincias ou persoa en quen delegue.
- Unha persoa en representación da Fiscalía Superior da Comunidade Autónoma de Galicia, nomeada pola Fiscalía Xeral do Estado.
- Unha persoa en representación do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nomeada polo Consello Xeral do Poder Xudicial.
- O/a director/a xeral da Corporación Radio Televisión de Galicia, S.A. ou persoa en quen delegue.
- Tres vogais en representación das organizacións empresariais intersectoriais galegas máis representativas.
- Un/unha vogal en representación de cada unha das organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación das Administracións Públicas.
- Tres vogais en representación das asociacións de mulleres e federacións constituídas por estas, con representación no Consello Galego das Mulleres.
- Un/unha vogal en representación do Consello da Avogacía Galega.
- Un/unha vogal en representación do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.
- Un/unha vogal en representación do Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia.
- Un/unha vogal en representación do Colexio Oficial de Educación Social de Galicia.
- Unha persoa en representación de cada un das seguintes consellerías e organismos, con nivel de secretario/a xeral técnico/a, director/a xeral ou equivalente:
- A Secretaría, con voz pero sen voto, corresponderalle á persoa titular da Subdirección Xeral, ou órgano administrativo equivalente, que teña atribuída a función de tratamento da violencia de xénero.
SESIÓNS PLENARIAS
GRUPOS DE TRABALLO
Grupo de traballo 1: ELABORACIÓN DUN PROTOCOLO DE COORDINACIÓN INSTITUCIONAL FRONTE A VIOLENCIA DE XÉNERO NA CCAA DE GALICIA
Grupo de traballo 2: A VOZ DAS VÍTIMAS
Grupo de traballo 3: ABORDAXE DA VIOLENCIA DE XÉNERO COA MOCIDADE DENDE O ÁMBITO EDUCATIVO
Grupo de traballo 4: PAUTAS PARA A PREVENCIÓN E O TRATAMENTO DAS DISTINTAS FORMAS DE VIOLENCIA SEXUAL
Grupo de traballo 5: A TRATA E OUTRAS FORMAS DE EXPLOTACIÓN SEXUAL EN CONTEXTOS DE PROSTITUCIÓN