Esta Guía dá resposta á necesidade de sistematizar a actuación dos centros de ensino e de facilitar o traballo do persoal que traballa neles. Ademais inclúe unha serie de orientacións básicas que poden axudar a detectar supostos de violencia de xénero neste contexto, así como a saber o que se debe facer ou como actuar desde o momento en que se perciben os primeiros indicios.
A Guía contempla 4 supostos ou situacións que poderían darse e que requiren diferentes pautas de intervención. Especifícanse, ademais, os sinais de alarma que poden axudar á detección de cada un destes supostos, así como a maneira de abordalos e de intervir de forma adecuada e eficaz.
Así mesmo, incorpóranse unha serie de fichas que permitirán rexistrar a información de cada caso, para a súa remisión a aqueles servizos ou instancias que teñan competencia na súa resolución, co gallo de asegurar a necesaria coordinación institucional entre a administración educativa, sanitaria, sociocomunitaria, policial e xudicial.