Que é a violencia de xénero?

Calquera acto violento ou agresión baseado nunha situación de desigualdade no marco dun sistema de relacións de dominación dos homes sobre as mulleres que teña ou poida ter como consecuencia un dano físico, sexual ou psicolóxico, incluídas as ameazas de tales actos e a coacción ou privación arbitraria da liberdade, tanto se ocorren no ámbito público coma na vida familiar ou privada.

En Galicia, a Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de Xénero considera formas de violencia de xénero, fundamentalmente, as seguintes: a violencia física, a violencia psicolóxica, a violencia económica, a violencia sexual e abusos sexuais, o acoso sexual, a trata de mulleres e nenas con fins de explotación sexual, o homicidio, asasinato ou calquera outra forma de violencia exercida sobre as fillas ou fillos da muller (así como sobre calquera outra persoa estreitamente unida a ela), a violencia de xénero dixital ou violencia en liña contra a muller e calquera outra forma de violencia recollida nos tratados internacionais que lesione ou sexa susceptible de lesionar a dignidade, a integridade ou a liberdade das mulleres.