Axudas económicas ás ANPA: Programa do Plan Corresponsables a desenvolver polas asociacións de nais e pais. (SI436C)

Subvencións destinadas ás asociacións de nais e pais de alumnado (ANPA) legalmente constituídas e ás federacións ou confederacións de ANPA, dos centros educativos sustentados con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, para a realización de actuacións orientadas a facilitar a corresponsabilidade nas familias con fillas e fillos de ata 16 anos inclusive, mediante a creación de servizos de coidado profesional e a creación de emprego de calidade no ámbito dos coidados, así como accións de formación e sensibilización en corresponsabilidade e coidados  en desenvolvemento do Plan Corresponsables.