Unidade didáctica "María Wonenburger: unha científica adiantada ó seu tempo"

María Josefa Wonenburger Planells foi unha matemática galega, ata hai pouco tempo máis coñecida fóra das nosas fronteiras que no noso país. Esta unidade didáctica pretende divulgar entre o alumnado de educación secundaria a figura desta científica e dar deste xeito un referente próximo de muller entregada na súa vida laboral e persoal, que tivo que superar importantes dificultades para conseguir desenvolver unha actividade profesional acorde cos seus méritos e o seu currículo.