Plan Corresponsables

Este Plan permite articular mecanismos de colaboración entre o goberno Estatal e as comunidades autónomas para dar apoio ás necesidades de conciliación das familias a través de servizos de coidados a menores.

O obxecto do Plan é garantir o coidado como un dereito dende a óptica da igualdade entre mulleres e homes, ao amparo do artigo 44 da Lei Orgánica 3/2007, de 22 de marzo, para a igualdade efectiva entre homes e mulleres.

A través deste plan desenvólvense diferentes iniciativas dirixidas ao coidado de menores de ata 16 anos que promoven a conciliación da vida persoal, familiar e laboral e tamén a creación de emprego de calidade neste ámbito.

Outra liña deste plan é desenvolver accións de formación e sensibilización sobre corresponsabilidade co obxectivo de impulsar modelos de masculinidades corresponsables e igualitarias.

Neste afán de involucrar ao conxunto da sociedade a Xunta de Galicia promove distintas accións desde os seguintes ámbitos: as entidades locaisas asociacións de nais e pais do alumnadoas entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro.