A directora xeral de Promoción da Igualdade, Eloína Ingerto, visitou esta mañá as instalacións da asociación

A Xunta valora o apoio a mulleres en situación de especial vulnerabilidade por parte de entidades como AFA Chantada

O Goberno galego colabora cunha orde de axudas que facilita o desenvolvemento de programas destinados á integración social e laboral deste colectivo

[node:field_media_images:0:entity:field_media_image:alt]

Chantada (Lugo), 31 de agosto de 2026

A directora xeral de Promoción da Igualdade, Eloína Ingerto, visitou esta mañá a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer (AFA) Chantada, onde valorou o labor de apoio e inclusión de mulleres en situación de especial vulnerabilidade que leva a cabo esta entidade.

A atención e a integración laboral e social destas mulleres é, lembrou Eloína Ingerto, o obxectivo da Xunta, que para esta fin convocou unha orde de axudas para que entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro desenvolvan programas que a faciliten. 

O compromiso de AFA Chantada coa igualdade, segundo destacou a directora xeral, queda reflectido en proxectos da asociación como o Gabinete de Apoio a Muller Coidadora, dirixido a mulleres coidadoras informais de persoas con discapacidade ou dependencia ás que asesoran sobre planificación e recursos para os coidados e ofrecen orientación laboral e acompañamento na procura de emprego. Así mesmo, a entidade, que proporciona unha atención individualizada a estas mulleres coidadoras, pon á súa disposición un servizo de apoio psicolóxico.

O Goberno galego achega máis de 36.000 euros a AFA Chantada para o desenvolvemento desta iniciativa, no marco dunha orde de axudas das que se benefician este ano máis de sesenta entidades.

Temática

Documentación

Ligazóns

Vídeos

Audios