A Xunta traslada os seus parabéns ao Chef Rivera e a Pierrette Armero por recibir a Medalla de Ouro da Fundación Amigos de Galicia

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, celebrou a traxectoria profesional e o compromiso social dos galardoados

[node:field_media_images:0:entity:field_media_image:alt]

Padrón (A Coruña), 9 de outubro de 2026

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, acudiu esta mañá ao acto de entrega da Medalla de Ouro da Fundación Amigos de Galicia a José Antonio Rivera Casal, Chef Rivera, e á súa muller, Pierrette Armero, con motivo do 50 aniversario da apertura do Hotel Restaurante Chef Rivera e en recoñecemento á súa traxectoria e compromiso coa Fundación.

Arturo Parrado celebrou a traxectoria profesional de José Antonio Rivera Casal, profundamente ligada a Galicia, e agradeceu o seu compromiso social. Así como tamén recoñeceu o labor que realiza a Fundación Amigos de Galicia en favor da inclusión social das persoas e grupos de poboación mais vulnerables.

O director xeral rematou resaltando a xenerosidade dos dous galardoados e o seu traballo para “facer de Chef Rivera un lugar de encontro e solidariedade”.

Temática

Documentación

Ligazóns

Vídeos

Audios