A Xunta sinala o seu compromiso na defensa dos dereitos de nenas e nenos como garante dunha infancia feliz

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica participou no Día do Pixama para conmemorar o Día Mundial do Neno

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2024

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, participou hoxe no Día do Pixama que organiza a Asociación Galega de Familias de Acollida (Acougo) para conmemorar o Día Mundial da Infancia que se celebra o 20 de novembro.

Co obxectivo de visibilizar e fomentar o acollemento familiar, utilízase o pixama como símbolo dos momentos en familia que todos os nenos e nenas deberían ter. Neste senso, Jacobo Rey sinalou que este é un momento tamén para reivindicar que hai moitos tipos de familia e trasladou que a Xunta de Galicia traballa para que todos os modelos teñan os recursos necesarios para garantir o benestar dos nenos e adolescentes.

Temática

Documentación

Ligazóns

Vídeos

Audios