A Xunta salienta que a formación universitaria para maiores é fundamental na promoción do envellecemento activo e saudable
O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria felicitou aos participantes do programa Uned Sénior
O Executivo galego mantén diferentes convenios con institucións educativas para impulsar diferentes actividades formativas entre os maiores
A Coruña, 18 de decembro de 2024
O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, destacou que os programas de formación para un público sénior son imprescindibles para fomentar o envellecemento activo, estimular a actividade cognitiva e previr as demencias. Así o sinalou durante o acto de entrega dos diplomas ao alumnado da Uned Sénior.
Antón Acevedo enxalzou o esforzo e dedicación dos estudantes que participaron no programa e que amosaron o seu interese en seguir adquirindo coñecementos despois do fin da súa vida laboral. Neste senso, o director xeral destacou que o seu interese en dar resposta as súas inquietudes e intereses é un exemplo para as xeracións vindeiras.
O director xeral lembrou que a Xunta de Galicia mantén diferentes vías de colaboración coas institucións educativas para ofrecer as persoas maiores ou que finalizaron a súa vida laboral, diferentes opcións de formación. Así, destacou que seguirán apoiando este tipo de iniciativas que teñen especial relevancia na promoción dun envellecemento activo e saudable.