A Xunta salienta o esforzo das Redeiras de Galicia para implementar melloras na situación das mulleres deste colectivo
O Porto do Son (A Coruña), 14 de novembro de 2026
O director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, Roberto Barba, agradeceu esta mañá o empeño e esforzo da asociación de Redeiras de Galicia para sacar adiante a Estratexia de dinamización deste colectivo. Así o salientou na presentación oficial do documento que busca analizar a situación destas mulleres e implementar diferentes líneas de acción para mellorar a súa proxección de futuro.
Roberto Barba explicou que esta estratexia é a mostra do traballo do tecido asociativo galego, comprometido coa igualdade de xénero e coa promoción do talento feminino. Por iso, fixo fincapé na colaboración interinstitucional para seguir impulsando iniciativas destas características.