A Xunta reivindica a importancia dun tecido social forte e unido para seguir promovendo o papel das mulleres en todos os sectores
María Quintiana trasladou os mellores desexos a esta entidade que nace en Galicia e reafirmou o compromiso do Goberno galego co asociacionismo para avanzar en igualdade
Lugo, 25 de febreiro do 2026
A directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participaron na presentación oficial da asociación profesional Mulleres Líderes. No acto, reivindicaron a importancia de contar en Galicia cun tecido social forte e unido para seguir promovendo e visibilizando o papel das mulleres en todos os sectores.
Neste sentido, María Quintiana trasladou de parte de todo o Executivo galegos os mellores desexos a esta nova asociación que bota a andar en Galicia, ao tempo que reafirmou o compromiso da Xunta con todo o asociacionismo para seguir construíndo unha comunidade máis xusta e igualitaria.
Así pois, a directora xeral animou a esta nova entidade a traballar man a man co Goberno galego para seguir axudando ás mulleres a recuperar o seu espazo na sociedade, a liderar proxectos e a impulsar o seu talento.