A Xunta pon en valor o labor dos educadores sociais de Galicia na sensibilización respecto á diversidade
O director xeral de Inclusión Social asistiu á III Convivencia Universitaria e Profesional da Educación Social que se celebra esta fin de semana na Serra do Xurés
Lobios (Ourense), 28 de setembro de 2024
O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, participou esta mañá na III Convivencia Universitaria e Profesional da Educación Social que se celebra na Serra do Xurés. O encontro, organizado polo Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia, reúne durante tres xornadas a máis de 200 profesionais da educación social de Galicia, Castela e León, Asturias e Portugal.
O director xeral destacou a Importancia desta cita no eido da educación social e puxo en valor o labor destes profesionais na transmisión de valores entre a poboación e na sensibilización respecto á diversidade.