A Xunta pon en valor as iniciativas impulsadas polos concellos destinadas á prevención da violencia de xénero

O director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, Roberto Barba, visitou a exposición Á violencia de xénero dille non impulsada polo concello de Alfoz no marco do 25N. Durante o acto, puxo en valor as iniciativas impulsadas desde as corporacións municipais como eixos fundamentais na prevención e actuación fronte á violencia de xénero.

O director xeral destacou que na loita contra a violencia de xénero é fundamental a colaboración entre as diferentes administracións para acadar sociedades máis igualitarias. Neste sentido, destacou o intenso traballo que se desenvolve desde as institucións públicas para impulsar a igualdade de xénero real entre mulleres e homes e trasladou o compromiso da Xunta para seguir traballando na eliminación da violencia contra a muller.

Nesta liña, Roberto Barba lembrou que está aberta a convocatoria de axudas destinada a concellos para a consolidación dos Centros de Información á Muller e o pago do persoal, así como para desenvolver diferentes accións de promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero. Así mesmo, sinalou que o Executivo galego destina preto de seis millóns de euros para este fin.

Documentación

Ligazóns

Vídeos

Audios