A Xunta pon en valor as iniciativas impulsadas polas entidades sociais destinadas á prevención da violencia de xénero

O director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero destacou que a colaboración da administración e o tecido asociativo é fundamental para lograr sociedades máis igualitarias

Vigo, 5 de febreiro de 2025

O director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, Roberto Barba, participou na inauguración da exposición fotográfica Non somos números impulsada pola Federación pola Igualdade da provincia de Pontevedra (Femupo). Durante o acto, puxo en valor as iniciativas impulsadas polas diferentes entidades sociais como eixos fundamentais na prevención e actuación fronte á violencia de xénero.

O director xeral destacou que na loita contra a violencia de xénero é fundamental a colaboración entre as administracións e o tecido asociativo para acadar sociedades máis igualitarias. Neste sentido, destacou o intenso traballo que desenvolven as institucións públicas e asociacións para impulsar a igualdade de xénero real entre mulleres e homes.

Así mesmo, Roberto Barba fixo fincapé no uso das novas narrativas audiovisuais e creativas para sensibilizar e previr á poboación. Neste senso, lembrou que é fundamental traballar desde todos os ámbitos sociais para dar visibilidade á violencia contra as mulleres e trasladou o compromiso da Xunta para seguir traballando e impulsando medidas para loitar contra a violencia de xénero.

Temática

Documentación

Ligazóns

Vídeos

Audios