A Xunta pon en valor a determinación das mulleres beneficiarias do programa Emega para emprender

[node:field_media_images:0:entity:field_media_image:alt]

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2026

A directora xeral de Promoción da Igualdade, Paula Uría, visitou esta mañá a academia de inglés Flying Fun, onde puxo en valor a determinación das mulleres beneficiarias do programa Emega de apoio ao emprendemento feminino para levar adiante os seus proxectos profesionais.

Paula Uría destacou a importancia de que as administracións acompañen as emprendedoras nos seus novos camiños e a necesidade de que as mulleres lideren iniciativas nos ámbitos académico, laboral e social para avanzar cara a unha Galicia máis igualitaria.

Temática

Documentación

Ligazóns

Vídeos

Audios