A Xunta pon en valor as actividades de Nadal do Centro de persoas con discapacidade da Coruña

[node:field_media_images:0:entity:field_media_image:alt]

A Coruña, 29 de decembro de 2024

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, visitou aos usuarios do Centro de atención a persoas con discapacidade (CAPD) da Coruña para coñecer as actividades que desenvolven durante o Nadal.

A directora xeral aproveitou a ocasión para conversar cos usuarios e traballadores e desexarlle un próspero ano novo. Ademais, agradeceu o labor que desenvolve o centro para fomentar a autonomía das persoas con discapacidade e potenciar as súas habilidades.

Temática

Documentación

Ligazóns

Vídeos

Audios