A Xunta pon en marcha unha nova edición da campaña ‘Agresión off, eu digo non á violencia sexual’

O obxectivo desta iniciativa é informar á cidadanía sobre a violencia de xénero, especialmente a de carácter sexual

Este ano desenvolveranse medio cento de actuacións dentro do ámbito local

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2025

A Xunta pon en marcha a nova campaña ‘Agresión off, eu digo non á violencia sexual’  destinada ás entidades locais e que ten como obxectivo informar á cidadanía sobre a violencia de xénero, especialmente a de carácter sexual, dotando á poboación de información sobre como previla, detectala e combatela.

A través desta campaña preténdese sensibilizar e concienciar sobre a importancia de rachar coas condutas violentas e non igualitarias, tanto nas relacións persoais como sociais. Así, farase especial fincapé na xente moza, para evidenciar as diferente formas do machismo e como detectalo no día a día. Ademais, promoveranse modelos de relación afectivo- sexuais baseados no respecto e a tolerancia, coa finalidade de erradicar os prexuízos baseados nos roles de xénero.

Este ano a campaña conta con 25 actuacións dentro do ámbito local que se desenvolverán en festivais e festas, en concentracións turísticas, en eventos grandes e nos centros educativos. A iniciativa está destinada principalmente aos concellos da Rede de entidades locais contra a violencia de xénero que poderán enviar a súa solicitude para adherirse á campaña ata o venres 14 de febreiro.

Temática

Documentación

Ligazóns

Vídeos

Audios