A Xunta pon el valor a cooperación institucional para lograr avances na erradicación da violencia machista

O director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, Roberto Barba, participou esta mañá na presentación da campaña De faro a faro contra as violencias machistas organizada polos concellos de Cariño, Cerdido, Mañón e Ortigueira

[node:field_media_images:0:entity:field_media_image:alt]

Cariño (A Coruña), 2 de novembro de 2026

O director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, Roberto Barba, participou esta mañá en Cariño na presentación da campaña De faro a faro contra as violencias machistas. Unha iniciativa, que, destacou, é un exemplo da cooperación institucional necesaria para avanzar cara a erradicación da violencia de xénero.

O programa é unha acción conxunta dos concellos de Cariño, Cerdido, Mañón e Ortigueira que ten como obxectivo favorecer o traballo conxunto con entidades sociais coa sensibilización como fío condutor. Así, a campaña reflexionará sobre a seguridade para as mulleres dos espazos públicos, abordará a educación en igualdade desde a infancia e ofrecerá formación especializada sobre violencia de xénero e discapacidade.

A sensibilización, lembrou Roberto Barba, forma parte da aposta da Xunta no marco da súa política no ámbito da violencia contra as mulleres, que tamén pon o foco na prevención, a detección e a atención as vítimas. Un labor no que destaca a activación de cinco centros de crise 24 horas, a elaboración dun protocolo específico para combater a violencia machista nas mulleres con discapacidade ou o impulso dos Centros de Información á Muller (CIM) móbiles.

Temática

Documentación

Ligazóns

Vídeos

Audios