A Xunta participa na undécima edición do Camiño da Diversidade da Fundación Ingada
O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, acompañou aos participantes na saída da andaina
Vilamartín de Valdeorras (Ourense), 28 de xuño de 2025
O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey participou hoxe no XI Camiño da Diversidade da Fundación Ingada, que traballa no apoio ás persoas con TDAH e na posta en valor da solidariedade, compañeirismo, respecto e vida saudable.
O director xeral estivo na saída da andaina dun pequeno treito do Camiño de Inverno, que une Vilamartín e A Rúa de Valdeorras. Jacobo Rey destacou a importancia deste tipo de actividades para concienciar sobre o respecto da diversidade de cada persoa, sen exclusións, e fomentar a integración e desenvolvemento digno de todos.