A Xunta participa na tradicional Festa de Verán do CAPD de Redondela

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, agradeceu o labor de todo o persoal deste centro

Redondela (Pontevedra), 25 de xuño do 2026

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, participou esta tarde na tradicional festa de Centro de Atención a Persoas con Discapacidade (CAPD) de Redondela e que contou con actuacións musicais dos propios usuarios, bailes e moitas outras actividades de lecer.

A directora xeral compartiu a tarde cos usuarios do centro e as súas familias, ao tempo que puxo en valor estas iniciativas que son, dixo,  esenciais para favorecer a autonomía das persoas con discapacidade e amosar as súas habilidades.

Ademais, durante a celebración, reafirmou o compromiso da Xunta cunha atención de calidade para todas as persoas con discapacidade, poñendo a súa disposición recursos e servizos que cheguen a toda a xeografía galega. Do mesmo xeito, agradeceu o labor que desenvolve diariamente todo o persoal deste centro.

Temática

Documentación

Ligazóns

Vídeos

Audios