A Xunta participa na mesa local de coordinación contra a violencia de xénero da mancomunidade de Ordes

O director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, Roberto Barba, agradeceu o traballo dos concellos para combater esta lacra

[node:field_media_images:0:entity:field_media_image:alt]

Ordes (A Coruña), 9 de outubro de 2026

O director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, Roberto Barba, participou na xuntanza do grupo de traballo da mesa local de coordinación contra a violencia machista da mancomunidade de Ordes, conformada por este concello e o de Tordoia, Cerceda, Mesía, Trazo, Oroso e Frades.

O obxectivo deste grupo de traballo e conformar un plan de actuación contra a violencia de xénero conxunto entre todos os concellos que conforman a mancomunidade e contando coa participación de axentes sociais, así como do eido da educación, a sanidade e as forzas e corpos de seguridade.

O director xeral puxo en valor o esforzo dos concellos que traballan para combater a violencia contra as mulleres, reforzar a sensibilización e a detección de calquera caso. Do mesmo xeito, informou de todos os recursos públicos nesta materia, como as axudas a vítimas de violencia sexual ou a prestación económica periódica.

Temática

Documentación

Ligazóns

Vídeos

Audios