A Xunta organiza as xornadas ‘Conectadas e seguras’ para abordar a violencia de xénero no eido dixital desde diferentes perspectivas
O director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero inaugurou este encontro que contou coa voz de varios expertos que expuxeron as súas experiencias
Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2024
O director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, Roberto Barba, inaugurou as xornadas Conectadas e Seguras, que organiza a Xunta de Galicia, e que están destinadas a analizar a incidencia da violencia de xénero no eido dixital e as diferentes maneiras de abordala.
No encontro interviñeron especialistas da psicoloxía, o dereito, a informática e axentes das forzas de seguridade. Todos os participantes trasladaron as súas inquedanzas e experiencias nunha mesa redonda na que se abordou o medio dixital como novo escenario da violencia machista. Deste xeito, expuxéronse as ferramentas e mecanismos necesarios para facerlle fronte a esta situación.
Neste senso, o director xeral lembrou que a violencia de xénero tamén está presente no mundo das redes, polo que trasladou a importancia de denunciar calquera manifestación de violencia independentemente do medio no que se produza. Así, Roberto Barba asegurou que grazas a normativa galega calquera vítima vai contar co respaldo da Xunta de Galicia e con todas as prestación necesarias.
Mesa interinstitucional de violencia de xénero
Roberto Barba formou parte da mesa interinstitucional contra a violencia de xénero do concello coruñés de Dodro. No encontro, participaron diferentes autoridades expertas na materia para expoñer mecanismos de actuación para previr a violencia contra as mulleres. Neste senso, o director xeral lembrou que para rematar con esta lacra é preciso que haxa unha boa coordinación entre administracións.