A Xunta mantén aberta a convocatoria das axudas a entidades sen ánimo de lucro para a contratación de vítimas de violencia de xénero

Estas achegas, cun orzamento de 600.000 euros, poden solicitarse ata o próximo 20 de setembro

Recentemente, o Goberno galego incrementou o crédito da liña de axudas destinada a concellos ata superar os 2,7 millóns

[node:field_media_images:0:entity:field_media_image:alt]

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2024

A Xunta de Galicia mantén aberto o prazo para solicitar axudas ás entidades sen ánimo de lucro para a contratación de mulleres vítimas de violencia de xénero. O Goberno galego inviste 600.000 euros nesta medida que está previsto que beneficie a preto de 25 mulleres. O prazo de solicitudes remata o próximo 20 de setembro.

A pasada semana, publicouse a orde de ampliación de orzamento para a liña de achegas destinada á contratación de vítimas por parte dos concellos, ante o interese amosado por estas entidades. Deste xeito, o crédito supera, finalmente, os 2,7 millóns de euros, o que supón un incremento do 10% con respecto á contía inicial. Nun primeiro momento, beneficiáranse 50 concellos e contratáranse 104 mulleres. Agora súmanse outras 10 contratacións en 7 concellos máis.

A independencia económica é clave para garantir que as vítimas de violencia de xénero acaden unha alternativa de vida e inicien o camiño cara a estabilidade persoal, social e laboral. Coa aposta por estas dúas convocatorias, a Xunta confirma o seu apoio e acompañamento ás mulleres que afrontan esta situación.

Temática

Documentación

Ligazóns

Vídeos

Audios