A Xunta garda un minuto de silencio en sinal de repulsa polo crime machista cometido na Coruña

[node:field_media_images:0:entity:field_media_image:alt]

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2025

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, acompañada do conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez; da conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, e do conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López, e doutros membros do Executivo participaron nun minuto de silencio en sinal de repulsa polo crime machista cometido na cidade da Coruña. O acto tivo lugar esta mañá na sede central da Xunta de Galicia en San Caetano e nas delegacións territoriais do Goberno galego.

A conselleira reiterou a repulsa do Goberno galego a calquera tipo de violencia de xénero e destacou que situacións coma esta constatan que aínda queda moito traballo por facer. Así mesmo, dirixiuse a todas as mulleres vítimas de violencia de xénero para que denuncien a través dos recursos a súa disposición como o teléfono confidencial e anónimo 016 ou os Centros de Información á Muller que existen por toda a Comunidade.

Temática

Documentación

Ligazóns

Vídeos

Audios