A Xunta garda un minuto de silencio en sinal de repulsa polo crime machista cometido en Baiona
Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2024
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, acompañado polos directores xerais de Loita contra a Violencia de Xénero, Roberto Barba, de Promoción da Igualdade, María Quintiana, e outros membros do Executivo participaron nun minuto de silencio en sinal de repulsa polo crime machista cometido en Baiona. O acto de repulsa tivo lugar na sede central da Xunta de Galicia en San Caetano e nas delegacións territoriais do Goberno galego.