A Xunta enxalza o labor das entidades sociais que visibilizan o traballo das mulleres e promoven unha igualdade real e efectiva

O Goberno galego destacou as axudas ao emprendemento feminino que beneficiaron 371 iniciativas en Galicia, 47 delas na provincia lucense

[node:field_media_images:0:entity:field_media_image:alt]

Lugo, 13 de decembro de 2024

A directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana, acompañada do delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, e da directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, asistiu á entrega de premios Son Muller 2024 que organiza a Asociación de Mulleres Empresarias da Provincia de Lugo. Durante o acto puxo en valor o traballo desta entidade para dar visibilidade ao emprendemento feminino.

Os premios Son Muller 2024 contan con recoñecementos ao emprendemento feminino, ás mulleres con empresas consolidadas no sector e tamén aos proxectos no eido rural. Así, a directora xeral sinalou que estes galardóns son fundamentais para dar visibilidade ao traballo das mulleres e fomentar unha igualdade real e efectiva.

Así mesmo, María Quintiana lembrou a aposta da Xunta de Galicia por seguir impulsando iniciativas que permitan ás mulleres desenvolver proxectos propios para acadar a súa autonomía e romper os estereotipos de xénero. Neste sentido, lembrou as axudas Emega destinadas a impulsar proxectos empresariais de mulleres e aos que o Executivo autonómico destinou máis de 5 millóns de euros para beneficiar 371 iniciativas, das que 47 se sitúan na provincia de Lugo.

Temática

Documentación

Ligazóns

Vídeos

Audios