A Xunta destaca o papel das entidades sociais para abordar os casos de violencia de xénero nas mulleres con discapacidade
O director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, Roberto Barba, participou esta tarde nas V Xornadas Xustiza e Discapacidade, organizadas pola UNED
Lugo, 22 de outubro de 2026
O director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, Roberto Barba, participou esta tarde na apertura das V Xornadas Xustiza e Discapacidade, organizadas pola UNED no Vello Cárcere. Neste foro destacou o papel das entidades sociais para abordar os casos de violencia de xénero nos que as vítimas sexan mulleres con discapacidade.
Roberto Barba analizou a complexidade engadida que supón atender unha vítima de violencia machista cando é unha persoa con discapacidade e a necesidade de ofrecerlle especial protección. É neste contexto, explicou, onde as entidades teñen a capacidade de facilitar o acceso destas mulleres á Administración de Xustiza.
O abordaxe destes casos, indicou o director xeral, é un desafío no que todos os actores implicados deben traballar en conxunto.