A directora xeral de Promoción da Igualdade participou na entrega dos galardóns

A Xunta destaca o papel da docencia como motor de cambio na construción dunha sociedade máis comprometida coa igualdade

Eloína Ingerto avogou pola colaboración entre administracións e as institucións educativas para seguir dando pasos firmes para rachar as barreiras de xénero

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2026

A directora xeral de Promoción da Igualdade, Eloína Ingerto, destacou esta mañá o papel da ensinanza como motor de cambio na construción dunha sociedade comprometida coa igualdade. Así o explicou durante a XVII edición dos premios á introdución da perspectiva de xénero na docencia e na investigación. 

Eloína Ingerto avogou no seu discurso pola colaboración entre administracións e institucións educativas para seguir dando pasos en firme ante o que definiu como “un reto compartido” como é rachar as barreiras de xénero e lograr que “ninguén vexa limitadas as súas oportunidades”. Polo que estes premios, dixo, son esenciais para recoñecer as boas prácticas na docencia que permiten “cambiar a mirada sobre como se constrúe o coñecemento” e sobre como “se comprende a realidade”.

A directora xeral explicou que é fundamental á hora de aplicar os principios da investigación “preguntarse a quen respondemos ou que realidades quedan excluídas”, porque é necesario incorporar unha mirada que cuestione ideas preestablecidas e dea visibilidade tamén ao talento e aos referentes femininos.

 

Temática

Documentación

Ligazóns

Vídeos

Audios