A Xunta destaca nos Xogos de Natación de Special Olympics o valor do deporte para promover a inclusión das persoas con discapacidade

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, participou no acto de apertura da competición, onde lembrou que o Goberno galego promove e apoia desde hai anos programas e iniciativas que fomentan a integración

[node:field_media_images:0:entity:field_media_image:alt]

A Coruña, 24 de outubro de 2026

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, acudiu esta mañá na piscina municipal de Riazor á apertura dos 28º Xogos Autonómicos de Natación organizados por Special Olympics Galicia e promovidos por Aspronaga. Un acto no que destacou a capacidade do deporte como vía para acadar a inclusión.

Begoña Abeijón lembrou que o Goberno galego promove e apoia desde hai anos iniciativas e programas que fomentan a integración de persoas con discapacidade e, neste sentido, valorou o traballo das entidades que contribúen a facer unha Galicia máis inclusiva.

Aludiu ao respecto a Special Olympics, á que trasladou os seus parabéns polo seu labor de favorecer a participación, a autonomía persoal e a convivencia entre deportistas. Tamén a estes eloxiounos polo seu exemplo de superación e integración.

Temática

Documentación

Ligazóns

Vídeos

Audios