A Xunta destaca as iniciativas das residencias de maiores para estimular a actividade cognitiva e previr as demencias

Antón Acevedo sinala que o labor dos profesionais sociosanitarios é fundamental para garantir o envellecemento activo e saudable das persoas que viven en centros residenciais

Bande, 20 de marzo de 2025

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, visitou as residencias públicas autonómicas de Bande e O Carballiño para coñecer as actividades e programas que desenvolven co obxectivo de estimular a actividade cognitiva e contribuír á prevención das demencias.

Neste sentido, Antón Acevedo fixo fincapé en que é fundamental o labor dos profesionais sociosanitarios para garantir o envellecemento activo e saudable das persoas que viven nestes centros residenciais. Neste sentido, lembrou que realizan un traballo fundamental no acompañamento diario das persoas maiores, contribuíndo a mellorar a súa calidade de vida.

O director xeral aproveitou a visita para comprobar a situación destes centros despois da intervención da Xunta de Galicia para garantir o seu correcto funcionamento tras os problemas rexistrados a finais do ano pasado. Ao respecto, Acevedo trasladou que nestes momentos ningunha das residencias rexistra problemas e explicou que tamén se resolveron os atrancos que sufría o persoal para recibir os pagos mensuais. Deste xeito, recalcou que a situación en ambos recursos públicos está totalmente normalizada.

Temática

Documentación

Ligazóns

Vídeos

Audios