O director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero participou nas III Xornada Interdisciplinar de Expertos e Expertas sobre o consentimento na mocidade

A Xunta destaca a importancia dos espazos de reflexión que acheguen á cidadanía a cuestións fundamentais como o consentimento sexual

Roberto Barba lembrou que a normativa galega de violencia de xénero recoñece ás vítimas de violencia sexual e pon a súa disposición todos os recursos e medidas de protección integral

Ademais, avanzou que en breve poranse en funcionamento os CIM Móbiles que estarán presentes nos campus universitarios

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2025

O director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, Roberto Barba, participou nas III Xornada Interdisciplinar de Expertos e Expertas sobre o consentimento sexual na mocidade da Universidade de Santiago de Compostela. Neste sentido, destacou que estes espazos de reflexión son fundamentais para achegar á poboación, especialmente á xuventude, cuestións fundamentais sobre o consentimento sexual.

Roberto Barba lembrou que coa normativa galega calquera muller que sufra violencia sexual é considerada vítima de violencia de xénero. Deste xeito, o director xeral recalcou que serán beneficiadas de todas as prestacións económicas, asistenciais e psicolóxicas, entre outras, que garante o Executivo galego.

Ademais, durante este encontro expuxo a necesidade de seguir achegando información e recursos á mocidade, algo no que a Xunta leva tempo traballando a través dos Centros de Información á Muller,  os Quérote + ou os centros de crise Acompañadas 24h;  e que se reforzarán tamén en breve coa posta en marcha dos CIM Móbiles, que estarán presentes nos campus.

O director xeral tamén puxo en valor o apoio da  Xunta á investigación universitaria, sendo unha actuación esencial para encontrar resposta efectiva aos problemas sociais.

Temática

Documentación

Ligazóns

Vídeos

Audios