A Xunta destaca a importancia do tecido asociativo para seguir mellorando a atención, calidade de vida e autonomía das persoas con dano cerebral

O director xeral de Persoas con discapacidade, Perfecto Rodríguez, reafirmou o compromiso do Goberno galego coas entidades para chegar a quen máis o precisa

[node:field_media_images:0:entity:field_media_image:alt]

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2026.

O director xeral de Persoas con Discapacidade, Perfecto Rodríguez, puxo en valor esta mañá o papel do tecido asociativo para seguir mellorando e reforzando a atención, a calidade de vida e a autonomía das persoas con dano cerebral.

O director xeral acompañou os membros de Dano Cerebral Galicia na xornada organizada pola entidade e que contou coa presenza de institucións, familiares e profesionais. O obxectivo é crear un espazo de diálogo no que se poidan expoñer as necesidades, inquedanzas e avances que permitan mellorar a vida das persoas con discapacidade.

Deste xeito, o director xeral trasladou o seu agradecemento á entidade, ao tempo que reafirmou o comprimido do Goberno galego co tecido asociativo para seguir chegando a quen máis o precisa.

Temática

Documentación

Ligazóns

Vídeos

Audios