A Xunta destaca a importancia de dialogar sobre a sexualidade desde unha perspectiva inclusiva e social
A directora xeral de Promoción da Igualdade participou nas xornadas sobre sexualidade e discapacidade organizadas pola Asociación Estatal de Profesionais da Sexoloxía
Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2025
A directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana, participou esta tarde na inauguración das xornadas organizadas pola Asociación Estatal de Profesionais da Sexoloxía (AEPS), que tratarán sobre a sexualidade das persoas con diversidade funcional e coa que colabora a Xunta de Galicia.
Estas xornadas reunirán durante dous días en Santiago de Compostela a profesionais da sexoloxía, persoas con diversidade funcional e cidadanía interesada en dialogar sobre a sexualidade desde unha perspectiva inclusiva e social. A directora xeral agradeceu o traballo da entidade, así como que elixiran Galicia para esta xornada, do mesmo xeito que puxo en valor todo o traballo que desenvolve o persoal dos centros Quérote+ tanto de atención sobre sexualidade como de servizo de apoio ás entidades que traballan con persoas con discapacidade.