A Xunta celebra os 30 anos de traballo e dedicación de Aspamite no coidado e atención ás persoas con discapacidade

A directora xeral de Persoas con Discapacidade asistiu ao acto de conmemoración da entidade e agradeceu o seu traballo

[node:field_media_images:0:entity:field_media_image:alt]

Teo (A Coruña), 15 de novembro de 2024

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, participou esta tarde na celebración polo 30 aniversario de Aspamite que traballa na atención e coidado das persoas con discapacidade a través dos centros ocupacionais, de atención diúrna e terapéuticos.

A directora xeral destacou o gran traballo que realizan para mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade e tamén das súas familias. Neste senso, lembrou que a Xunta de Galicia ten 14 prazas concertadas no seu centro de día e outras 14 no ocupacional. Ademais, o Executivo galego colabora coa entidade a través das axudas con cargo ao 7% do IRPF para programas de mellora.

Deste xeito, Begoña Abeijón trasladou á asociación os parabéns do Executivo galego polos 30 anos de dedicación ás persoas con discapacidade, fomentando a súa autonomía e axudando ás familias. Así, sinalou que a Xunta de Galicia seguirá colaborando cos entidades sociais para mellorar o día a día das persoas afectadas.

Temática

Documentación

Ligazóns

Vídeos

Audios