A directora xeral de Promoción da Igualdade participou na xornada Proxectos sen nesgos: a perspectiva de xénero na investigación en nanomedicina

A Xunta avoga pola colaboración interinstitucional para rachar as fendas de xénero nas carreiras STEM e visibilizar o talento feminino

Eloína Ingerto fixo fincapé na importancia dunha investigación científica comprometida coa realidade das mulleres

Apostou por estender estes espazos de diálogo activo que son esenciais para avanzar en igualdade

Vigo, 16 de outubro de 2026

A directora xeral de Promoción da Igualdade, Eloína Ingerto, participou na xornada Proxectos sen nesgos: a perspectiva de xénero na investigación en nanomedicina, que organiza o Cinbio. Na súa intervención puxo en valor a importancia da colaboración interinstitucional para impulsar referentes femininos e romper a fenda de xénero en áreas como a investigación ou as carreiras STEM.

Eloína Ingerto explicou que é fundamental que institucións e administracións camiñen da man para que o talento feminino en Galicia teña, dixo, a visibilidade que merece. Destacou que a comunidade conta con grandes referentes na investigación científica e que é necesario que as novas xeracións saiban que non hai barreiras de xénero cando se trata do talento, o esforzo e o compromiso.

A directora xeral tamén fixo fincapé no papel da Unidade Muller e Ciencia do Goberno galego que busca, precisamente, potenciar o talento das científicas galegas e incluír a perspectiva de xénero neste ámbito. Ao mesmo tempo, puxo en valor o papel do Cinbio e a unidade de igualdade da Universidade de Vigo por facilitar este espazo de reflexión.

Temática

Documentación

Ligazóns

Vídeos

Audios