A Xunta avanza que a Lei de violencia dixital galega contará con recursos e medidas específicas paras as vítimas de violencia de xénero

O director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero lembrou que a redacción desta norma, pioneira en España, recollerá apartados específicos en materia de xénero

Ourense, 25  de xuño de 2025

O director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, Roberto Barba, avanzou recentemente que o texto no que está traballando a Xunta de Galicia para a primeira Lei de Violencia Dixital de España, contará con medidas específicas para a protección e atención das vítimas de violencia de xénero. Así o sinalou durante a xornada profesional sobre violencia de xénero dixital e menores que se celebrou esta semana en Ourense e na que tamén participou a directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández.

Durante o seu relatorio, Roberto Barba lembrou que a Lei de Violencia Dixital na que traballa o Executivo autonómico, incluirá referencias específicas para a loita contra a violencia de xénero. En concreto, Barba adiantou que se contemplan “recursos e medidas de gran calado para paliar o sufrimento das vítimas deste tipo de violencia”.

Neste sentido, o director xeral defendeu a importancia de seguir traballando na sensibilización e prevención dos crimes contra as mulleres en todos os ámbitos sociais. Deste xeito, recalcou que a Xunta de Galicia traballa en colaboración con todos os axentes sociais para seguir impulsando medidas e iniciativas neste eido. Así, fixo mención a Guía de inicios para a detección das vítimas de violencia de xénero na empresa ou o Protocolo contra as violencias machistas e lgbtifóbicas no ocio nocturno

Temática

Documentación

Ligazóns

Vídeos

Audios