A Xunta avalía cos representantes da infancia as necesidades e demandas dos máis novos
Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2024
O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, acompañado da directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, presidiu o pleno do Consello Autonómico de Infancia e Adolescencia da Xunta (CAIA). Durante a xornada de traballo os membros deste órgano trasladaron as inquedanzas e demandas do seu colectivo.
Nesta liña, Jacobo Rey reiterou o compromiso do Executivo galego de seguir escoitando aos máis novos e darlle resposta as súas demandas. Así, sinalou que é fundamental que as Administracións escoiten aos nenos e adolescentes e lles dean voz. Deste xeito, agradeceu a labor de todos os membros do CAIA e animounos a seguir traballando polos dereitos das mozas e mozos.