A Xunta avalía coa Real Academia Española de Matemáticas vías de colaboración para impulsar a presenza feminina neste eido

Santiago de Compostela, 31 de maio de 2025

A directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana, mantivo esta semana unha xuntanza de traballo coa presidenta da Real Academia Española de Matemáticas, Victoria Otero. O obxectivo deste encontro foi analizar novas vías de colaboración entre a Xunta e a institución académica para impulsar a presenza das mulleres neste eido.

María Quintiana e Victoria Otero analizaron a situación das mulleres nas Matemáticas, así como as dificultades e as barreiras coas se atopan á hora de continuar coas súas carreiras neste sector. Así, a directora xeral trasladoulle as iniciativas que está desenvolvendo a Xunta neste sentido como son a Estratexia galega de emprego feminino en sectores masculinizados, no que se porá o foco tamén nas carreriras STEM. Para iso, trasladoulle que se están configurando varios grupos de traballo por sectores nos que participarán mulleres que forman parte deles. Esta será unha escoita activa para coñecer, por sectores, as visións e necesidades para elaborar a estratexia e que teña impacto real na sociedade galega.

Temática

Documentación

Ligazóns

Vídeos

Audios