A Xunta aposta pola corresponsabilidade como piar fundamental para acadar a igualdade real

A directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana, participou esta tarde na ‘Xornada internacional interuniversitaria Democratizar os coidados e a vida doméstica’

Vigo, 30 de setembro de 2024

A directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana, participou esta tarde na apertura da ‘Xornada internacional interuniversitaria Democratizar os coidados e a vida doméstica. O papel dos homes con perspectiva de xénero’. Esta xornada está organizada polas tres universidades galegas (A Coruña, Santiago de Compostela e Vigo) e celebrarase hoxe e mañá no Edificio Redeiras.

Na súa intervención, a directora xeral destacou que a Xunta aposta pola corresponsabilidade como eixo fundamental para acadar a igualdade real e asegurou que a implicación dos homes é clave para acadar este obxectivo. Ademais, fixo fincapé en que o Goberno galego conta  con diferentes programas tanto de conciliación como de corresponsabilidade “que teñen como obxectivo cambiar a tendencia e que sexan os homes os que decidan parar a súa carreira profesional para dedicarse aos coidados”.

Temática

Documentación

Ligazóns

Vídeos

Audios