A Xunta aposta pola coordinación entre administracións para implantar novas políticas de Promoción da Igualdade
A directora xeral de Promoción da Igualdade inaugurou o 18º Plenario da rede de políticas de igualdade entre mulleres e homes
Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2024
A directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana, inaugurou o 18º Plenario da Rede de Políticas de Igualdade entre Mulleres e Homes que organiza o Instituto de las Mujeres. Este encontro celebrase hoxe e mañá e ten como anfitrioa, este ano, a Galicia. Neste senso, Quintiana destacou a colaboración entre administracións para implantar a perspectiva de xénero nas políticas públicas.
O obxectivo das xornadas é establecer un espazo de diálogo e debate para integrar a perspectiva de xénero nas medidas e actuacións que están cofinanciadas polos diferentes fondos da Unión Europea. Deste xeito, a directora xeral salientou que este é un espazo de traballo moi valioso para que as persoas que forman parte dos organismos de igualdade porque fomenta a conexión, reflexionen e mellora para seguir avanzando neste camiño.
Neste senso, María Quintiana destacou que en materia de promoción da igualdade, Galicia ten en marcha varias liñas de actuación na promoción da igualdade a nivel local e autonómico no marco dos FSE+. Así, destacou a colaboración con concellos para a loita contra a violencia de xénero, as axudas a entidades sociais para a atención a mulleres vulnerables, as achegas para que os homes reduzan a súa xornada laboral e fomentar a corresponsabilidade ou os programas de emprendemento feminino.
Neste plenario tamén participou o director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, Roberto Barba. Ademais, asistiron responsables da Dirección Xeral de Cohesión e Fondos Europeos da Xunta de Galicia. A Rede está integrada con carácter permanente polos órganos responsables das políticas de igualdade de xénero e de administración e xestión de Fondos Europeos da Administración Xeral do Estado, as Comunidades e Cidades Autónomas e a Comisión Europea.