A Xunta apoia o traballo de Alcer Galicia para mellorar a calidade de vida dos menores con enfermidade renal crónica

[node:field_media_images:0:entity:field_media_image:alt]

Nigrán (Pontevedra), 24 de outubro de 2026

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, deu esta mañá a benvida ás familias que participan no encontro de menores con enfermidade renal crónica organizada por Alcer Galicia na Residencia de Tempo Libre de Panxón. O obxectivo desta xuntanza foi poñer en común as necesidades das nenas, nenos e adolescentes que teñen esta doenza e avanzar conxuntamente na mellora da súa atención e na das súas familias.

Jacobo Rey destacou o traballo de Alcer Galicia en favor da mellora do benestar desde a infancia. Neste sentido, puxo en valor a alianza entre a Xunta e as entidades sociais para a posta en marcha de programas centrados tanto na atención socio-sanitaria como na sensibilización social ante este tipo de enfermidades.

Temática

Documentación

Ligazóns

Vídeos

Audios