A Xunta apoia o festival ‘Celanova é orgullo 2025’, co que este concello conmemora o Día Internacional do Orgullo LGBTI

A directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana, participou no acto de descubrimento da placa que o distingue como o primeiro ‘Pobo orgulloso de Galicia’

[node:field_media_images:0:entity:field_media_image:alt]

Celanova (Ourense), 28 de xuño de 2025

A directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana, participou esta mañá no festival ‘Celanova é Orgullo 2025’ co que este municipio conmemora o Día Internacional do Orgullo LGBTI. Ademais, participou no acto de descubrimento da placa que o distingue como o primeiro Pobo orgulloso de Galicia.

María Quintiana puxo en valor esta iniciativa, que ten como obxectivo festexar a diversidade e promover espazos de convivencia e sensibilización. Neste sentido, fixo fincapé na importancia de que todos os axentes sociais sigan impulsando iniciativas coma esta que contribúan a dar viabilidade ás persoas LGBTI sobre todo no rural.

Temática

Documentación

Ligazóns

Vídeos

Audios