A Xunta apoia iniciativas de conciliación e corresponsabilidade nos concellos rurais

Cariño (A Coruña), 10 de xullo de 2025

A directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana, acompañou esta mañá ás nenas e nenos que forman parte do campamento de conciliación do concello de Cariño. Trátase dunha das iniciativas financiadas pola Xunta de Galicia a través do Plan Corresponsables – tamén cofinanciado polo Ministerio de Igualdade- para o que destina 6,5M€ e cun importante apoio aos concellos máis rurais.

A directora xeral coñeceu as actividades que desenvolve a rapazada nestes días a rapazada que combina accións ao aire libre, na praia ou xogos deportivos. O concello pon en marcha este campamento co apoio da Xunta de Galicia durante os meses de xullo e agosto. Ao respecto, Quintiana destacou o compromiso do Executivo galego para seguir impulsando estas iniciativas fundamentais para a conciliación e a corresponsabilidade.

Temática

Documentación

Ligazóns

Vídeos

Audios