A Xunta anima á xuventude a participar na construción dunha contorna dixital libre de violencia de xénero

[node:field_media_images:0:entity:field_media_image:alt]

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2026

O director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, Roberto Barba, participou esta tarde nunha conversa con alumnos do ciclo de Animación Sociocultural na que os invitou a participar na construción dun contorno dixital libre de violencia contra as mulleres.

Roberto Barba destacou a importancia de coñecer as percepcións, as inquedanzas e as experiencias da mocidade en relación coa violencia de xénero, especialmente no ámbito dixital, para identificar as súas necesidades co obxectivo de crear un espazo virtual máis igualitario, inclusivo e seguro.

Documentación

Ligazóns

Vídeos

Audios