A Xunta agradece o labor do tecido social no apoio ás mulleres en situación de vulnerabilidade

Eloína Ingerto destacou o traballo de entidades como Fademur que axuda a máis dunha trintena de persoas con iniciativas e programas de atención e acompañamento

[node:field_media_images:0:entity:field_media_image:alt]

Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2026

A directora xeral de Promoción da Igualdade, Eloína Ingerto, reuniuse coa directiva da Federación de Asociacións e Mulleres Rurais de Galicia (Fademur) para avaliar o programa de apoio a mulleres en situación de vulnerabilidade co apoio da Xunta. No encontro, destacou que a colaboración co tecido social é fundamental para avanzar en igualdade real de oportunidades e na eliminación de barreiras.

Eloína Ingerto puxo en valor o traballo que desenvolve Fademur a través do seu programa para apoiar e acompañar a mulleres vulnerables no rural, poñendo a súa disposición itinerarios e servizos que axuden a súa independencia e á construción dun proxecto de vida. Neste sentido, salientou que durante o último ano atenderon máis dunha trintena de persoas grazas a unha axuda do Goberno galego para entidades sociais de preto de 32.000 euros.

Neste sentido, a directora xeral recordou que o Goberno galego puxo á disposición das entidades sociais unha orde de axudas específicas que ascende a 1,8 millóns de euros, na que resultou beneficiada Fademur, para impulsar a atención integral das mulleres en situación de vulnerabilidade, entre as que se atopan, entre outras, as vítimas de violencia de xénero, trata ou persoas con discapacidade.

Temática

Documentación

Ligazóns

Vídeos

Audios