A Xunta achega o seu servizo Quérote+ aos estudantes universitarios de Lugo
A directora xeral de Promoción da Igualdade, Eloína Ingerto, visitou a mesa informativa coa que o Goberno amosa o labor deste recurso nas xornadas de benvida aos alumnos
Lugo, 24 de setembro de 2026
A directora xeral de Promoción da Igualdade, Eloína Ingerto, visitou esta mañá no campus de Lugo o punto Quérote+ a través do que a Xunta achega este servizo aos universitarios nesta cidade.
Destacou que dar a coñecer este recurso a poboación universitaria no inicio do curso facilita que os estudantes poidan facer uso del ao longo do mesmo, tanto de forma presencial como en liña ou por videochamada. No pasado curso, indicou a directora xeral, arredor de 4.450 mozos coñeceron o labor do servizo Quérote+ nas xornadas de benvida universitarias.
Este ano, as mesas informativas e os obradoiros sobre relacións igualitarias e de bo trato deste recurso da Xunta xa pasaron polos sete campus de comunidade: Ourense, Pontevedra, Vigo, A Coruña, Ferrol, Santiago e, hoxe mesmo, Lugo.