As persoas maiores xordas de Galicia danse cita nunha xornada lúdica en Vigo co apoio da Xunta

[node:field_media_images:0:entity:field_media_image:alt]

Vigo, 14 de setembro de 2024

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, asistiu á VIII Convivencia de persoas maiores xordas de Galicia que se celebra na cidade olívica. O encontro incluíu visita ao Museo Verbum, paseo en barco pola ría de Vigo, visita ao Museo do Mar de Galicia e unha cea de gala.

O director xeral destacou o apoio da Xunta de Galicia aos programas inclusivos que desenvolve a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (Faxpg), organizadora desta xornada xunto coa Asociación de Persoas Xordas de Vigo (Asorvigo).

Temática

Documentación

Ligazóns

Vídeos

Audios