Fabiola García reúnese coas presidentas de Empresarias de Galicia e da Asociación de Familias e Mulleres Rurais
A conselleira de Política Social e Igualdade agradeceu o traballo de ambas entidades e acordou seguir colaborando para impulsar o papel da muller no mundo laboral
Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2025
A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, mantivo esta semana dous encontro coas presidentas de Empresarias de Galicia e da Asociación de Familias e Mulleres Rurais (Afammer). Durante o encontro, coñeceu o traballo destas entidades e escoitou as súas demandas.
A conselleira de Política Social e Igualdade durante a súa xuntanza coa presidenta de Empresarias de Galicia, Susana Pérez, e a vicepresidenta, Mar Ferrero, destacou o importante labor desta asociación na promoción da igualdade no ámbito empresarial galego. Así mesmo, trasladoulle o compromiso da Administración autonómica para seguir colaborando con iniciativas que permitan ás mulleres ter máis presenza no mundo corporativo.
Posteriormente, Fabiola García reuniuse coa presidenta nacional de Afammer, Carmen Quintianilla, á que agradeceu o seu labor dando visibilidade ao papel que teñen as mulleres rurais na sociedade. Neste senso, acordaron seguir colaborando para promover iniciativas que recoñezan o papel de todas as mulleres que viven e traballan nas zonas máis despoboadas e dotalas de ferramentas para impulsar o seu traballo.